Co remate do curso e o inicio de vacacións, o Ministerio de Educación e a Consellería de Educación convocan premios e axudas para os alumnos e alumnas de ESO e BAC que cumpran determinados requisitos. Por orde de prazos, informámosvos de ditas convovatorias:

  • Premios extraordinarios de Bacharelato (Premios BAC). O prazo de presentación de solicitudes xa rematou e hai unha alumna de 2º BAC na listaxe provisional de admitidos.
  • Programa «Campus de profundización científica» para alumnado de 4º ESO, coas materias: Matemáticas B (académicas), Física Química, e Bioloxía e Xeoloxía. Deberán ter unha nota media superior ou igual a 9,0 puntos. Máis información en: Campus profundización cientifica 4 ESO, ou en Ministerio de Educación. O prazo remata o 22 de xuño.
  • Axudas de Inmersión lingüística para alumnado de 1º e 2º ESO en colonias de vacacións de dúas quendas: 30 de xullo a 13 de agosto, ou 13 a 27 de agosto. Máis información en: Colonias Inmersion 1 e 2 ESO, ou en Ministerio de Educación. O prazo remata o día 29 de xuño.
  • Premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria, dirixidos ás alumnas e alumnos de 4º ESO que ó largo da súa etapa en ESO destacasen polo seu rendemento académico. Máis información en Premios extraordinarios ESO, ou en Consellería de Educación. O prazo remata o 7 de xullo.