Voluntariado Social Calasancio

Que é o voluntariado social no cole?

É unha plataforma pensada para os mozos e mozas do colexio a partir de 1º de Bacharelato e exalumnos que queren comprometerse co noso mundo dun xeito real e obxectivo a través da colaboración en distintas iniciativas de carácter social e misioneiro.

 

Que é o voluntariado misioneiro calasancio?

É un grupo de cristiáns laicos que vive dende a súa condición o espírito calasancio dentro do seu camiño de vida cristiá.

Sente unión coa Familia Calasancia: relixiosas calasancias, escolapias e escolapios. Con eles e elas, mantendo un trato de fraternidade e diálogo e tomando como punto de referencia as misións e campos de traballo que a Familia Calasancia ten distribuídas por todo o mundo, ofrece a súa profesionalidade e o seu proxecto de vida a unha colaboración fraterna, sentíndose corresponsable na tarefa de levar a Boa Noticia de Jesús aos máis necesitados, coa presenza e co apoio incondicional.

Que pretende o VMC?

  • Participar directamente na misión evanxelizadora da Igrexa.
  • Realizar un servizo misioneiro entre os pobres, como expresión dun proxecto de vida cristiá, identificados co carisma calasancio.
  • Atender ás necesidades da educación, a promoción da muller e as necesidades sanitarias máis urxentes no terceiro mundo.
  • Atender á súa propia formación.
  • Apoiar a acción misioneira que outros voluntarios realizan fóra do seu propio país.
  • Realizar experiencias en lugares de misión, de curta (un verán) ou longa duración (un ou varios anos).

¡Llámanos al +34 981 25 64 30!