A medida que o neno vai medrando, vai sendo consciente dos seus valores, principios e crenzas.

Moitos destes nenos e nenas, ao chegar á adolescencia, desexan dar un paso máis na súa vida cristiá e dicir publicamente que cren en Xesús de Nazareth e ser parte activa da Igrexa Católica. Así pois, solicitan recibir o sacramento da Confirmación.

Por este motivo, en Calasancias preparamos a estes rapaces para este sacramento.

Que é a catequese de Confirmación?

Ao longo de dous cursos académicos, os mozos e mozas que o desexan participan nunha sesión de catequese semanal no que tratan os fundamentos da fe cristiá.

Esta catequese constitúe un paso cara a madurez cristián do xove, por iso o rapaz se compromete a participar activa e continuadamente nas reunións formativas e celebrativas que se desenvolven todas as semanas ao longo de dous anos. Así mesmo, asisten catro domingos ao ano ás eucaristías familiares do colexio na parroquia Nuestra Señora de los Rosales.

Ao concluír o segundo ano de formación, cando os rapaces están en 4º Ed. Secundaria, reciben o sacramento da Confirmación no mes de maio, dicindo, de maneira libre e consciente, que son cristiáns e queren ser testemuñas de Xesús na súa contorna.

Que máis?

Ademais das reunións semanais, os mozos poden participar en:

  • Convivencias e encontros con rapaces doutros colexios calasancios (en Dorrón con mozos dos colexios calasancios de Galicia e en Xetafe cos de toda España).
  • Pascuas xuvenís, rurais e sociais.
  • Campamentos de verán.
  • Campos de traballo.
  • Voluntariado nalgún lugar das misións de calasancias…
RESPETAMOS TU PRIVACIDAD
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar qué servicios de nuestro sitio web te interesan más con el fin de mejorar nuestros propios servicios en base a tus hábitos de navegación (por ejemplo, las páginas visitadas en el sitio). Puedes obtener más información en nuestra Política de Cookies y configurar tus preferencias pulsando en "Configurar cookies".