Actividades extraescolares

Posta en práctica dos coñecementos

O traballo por proxectos permite que o alumnado poña en práctica os coñecementos de maneira autónoma e poida involucrarse na súa propia aprendizaxe, construíndoa de maneira activa. Esta forma de traballo permite construír aprendizaxes significativas, ademais de que axuda ós rapaces/as a aprender a aprender, a participar e sentirse moito mais motivados.

Ventaxas de traballar por proxectos

Cada curso escolar proponse un proxecto interdisciplinar no que se implican profesores e alumnos de diferentes etapas e materias.

Apréndese de forma significativa.

Favorece o traballo multidisciplinar.

Empréganse as novas tecnoloxías.

Desenvólvénse habilidades sociais

Prepara para a vida.

Calasancias TV.

Trátase de aprender e divulgar contidos dunha forma innovadora e atractiva para o alumnado a través da elaboración dun programa de televisión. Como? Facendo uso das novas tecnoloxías e unha tela verde, pódese converter unha aula nun prató de televisión. Os alumnos de ESO e BACH levan os contidos das súas materias a un informativo creado a través do efecto Chroma tan empregado no cine actual.

Stop Motion Revolución Francesa

Este proxecto englobou ás materias de TICs e Historia Contemporánea de 1º de Bacharelato. Os alumnos colleron o aprendido sobre a Revolución Francesa e fixeron uso das novas tecnoloxías traballadas na materia de TICS para elaborar un vídeo didáctico empregando a técnica do StopMotion. Pódese motivar ao alumno no seu proceso de aprendizaxe facendo uso dos clásicos Playmobil e dunha técnica moi empregada polos estudos de animación: o Stop Motion.

Proxecto I+D Media 3.0.

As alumnas e alumnos de 4º de Primaria, 2º de Secundaria e 1º de BACH trasladaron a aula á Cidade Vella da Coruña. Viaxaron ó pasado para descubrir, coñecer e aprender dunha maneira distinta e innovadora o pasado da nosa cidade dende: as novas metedoloxías (Flipped Classroom); as novas tecnoloxías (Mobile Learning, Realidade Aumentada Blippar, 1-2-3D Cacht e espazos colaborativos a través de Onedrive); a Interdisplinaridade (Inglés, Historia, Relixión, Matemáticas, Lingua e Economía); e, dende Primaria ata Bacharelato, traballando nun proxecto común

Foi un proxecto que embarcou durante seis meses a máis de 100 alumnos traballando cooperativamente a través de actividades innovadoras (crear unha serie para a HBO, un conto dixital, viaxar dende Plymouth, crear unha fundación…) que conducían a un proxecto final: unha exposición, e unha revista en edición dixital e física.A revista pódese ler, pero agocha escondidas fotos, vídeos e páxina web que só poden ser descubertos coa aplicación para a realidade aumentada Blippar, como o famoso Pokemon Go!

Enlace revista

Síguenos no noso Instagram

e descubre as mellores fotos de Calasancias

Estradas Os Fortes, 4,
15011 A Coruña

Loading...

Luns a venres: 08:00 – 20:00
Sábados: 08:00 a 14:00