É unha plataforma pensada para os mozos e mozas do colexio a partir de 1º de Bacharelato e exalumnos que queren comprometerse co noso mundo dun xeito real e obxectivo a través da colaboración en distintas iniciativas de carácter social e misioneiro.
É un grupo de cristiáns laicos que vive dende a súa condición o espírito calasancio dentro do seu camiño de vida cristiá.
Sente unión coa Familia Calasancia: relixiosas calasancias, escolapias e escolapios. Con eles e elas, mantendo un trato de fraternidade e diálogo e tomando como punto de referencia as misións e campos de traballo que a Familia Calasancia ten distribuídas por todo o mundo, ofrece a súa profesionalidade e o seu proxecto de vida a unha colaboración fraterna, sentíndose corresponsable na tarefa de levar a Boa Noticia de Jesús aos máis necesitados, coa presenza e co apoio incondicional.