2016_10_05_proxecto-sistema-solar-5o-e-p-7O traballo por proxectos permite que o alumnado poña en práctica os coñecementos de maneira autónoma e poida involucrarse na súa propia aprendizaxe, construíndoa de maneira activa. Esta forma de traballo permite construír aprendizaxes significativas, ademais de que axuda ós rapaces/as a aprender a aprender, a participar e sentirse moito mais motivados.

Vantaxes de traballar por proxectos:

  • Apréndese de forma significativa.
  • Favorece o traballo multidisciplinar.
  • Empréganse as novas tecnoloxías.
  • Desenvólvénse habilidades sociais.
  • Prepara para a vida.

No colexio traballamos por proxectos na etapa de Infantil, desenvolvendo un por trimestre. No resto das etapas lévanse a cabo diferentes proxectos, como:1lucia-fatima-mp4-imagen-fija002

  • Calasancias TV. Trátase de aprender e divulgar contidos dunha forma innovadora e atractiva para o alumnado a través da elaboración dun programa de televisión. Como? Facendo uso das novas tecnoloxías e unha tela verde, pódese converter unha aula nun prató de televisión. Os alumnos de ESO e BACH levan os contidos das súas materias a un informativo creado a través do efecto Chroma tan empregado no cine actual.
  • Stop Motion Revolución Francesa! Este proxecto englobou ás materias de TICs e Historia Contemporánea de 1º de Bacharelato. Os alumnos colleron o aprendido sobre a Revolución Francesa e fixeron uso das novas tecnoloxías traballadas na  materia de TICS para elaborar un vídeo didáctico empregando a técnica do StopMotion. Pódese motivar ao alumno no seu proceso de aprendizaxe facendo uso dos clásicos Playmobil e dunha técnica moi empregada polos estudos de animación: o Stop Motion.
  • img_20160219_115155Proxecto I+D Media 3.0. As alumnas e alumnos de 4º de Primaria, 2º de Secundaria e 1º de BACH trasladaron a aula á Cidade Vella da Coruña. Viaxaron ó pasado para descubrir, coñecer e aprender dunha maneira distinta e innovadora o pasado da nosa cidade dende: as novas metedoloxías (Flipped Classroom); as novas tecnoloxías (Mobile Learning, Realidade Aumentada Blippar, 1-2-3D Cacht e espazos colaborativos a través de Onedrive); a Interdisplinaridade (Inglés, Historia, Relixión, Matemáticas, Lingua e Economía); e, dende Primaria ata Bacharelato, traballando nun proxecto común.img-20160421-wa0001Foi un proxecto que embarcou durante seis meses a máis de 100 alumnos traballando cooperativamente a través de actividades innovadoras (crear unha serie para a HBO,  un conto dixital, viaxar dende Plymouth, crear unha fundación…) que conducían a un proxecto final: unha exposición, e unha revista en edición dixital e física.A revista pódese ler, pero  agocha escondidas fotos, vídeos e páxina web que só poden ser descubertos coa aplicación para a realidade aumentada Blippar, como o famoso Pokemon Go!Enlace revista: https://joom.ag/f7WQ

Cada curso escolar proponse un proxecto interdisciplinar no que se implican profesores e alumnos de diferentes etapas e materias. sistema-solar