Chegamos á derradeira semana do 1º trimestre. Exames que aínda están pendentes de facer, xuntas de avaliación, entrega de boletín de notas… Isto é o que nos espera:
- Luns e martes: exames e xuntas de avaliación.
- Mércores 16: celebración de Advento para alumnado de 6º EP, 3º ESO-A e 4º ESO. Entrega do boletín de notas ás etapas de Infantil e Primaria.
- Xoves 17: charla sobre educación vial para o alumnado de 4º ESO, “Te puede pasar a ti”; charla para alumnos/as de Bacharelato sobre o libro Limpeza de Sangue, polo escritor Rubén Ruibal; celebración de Advento para os cursos de 5º EP, 1º BAC e 2º ESO. Entrega do boletín de notas de ESO e 1º BAC. Pola tarde, presentación do flashmob organizado pola etapa de Primaria no centro comercial Marineda City, ás 19.00 h. Agardamos a vosa presenza.
- Venres 18: ofrenda de Nadal en todas as etapas, recollida dos alimentos para levalos no “bus solidario” á nave do Banco de Alimentos; e gran tarde de Reis co Mercadillo Solidario. A recaudación deste mercadillo vai destinado ó Centro de Menores Fogar María Inmaculada (Bañobre-Miño). Importante: este día o alumnado de ESO e BAC sae ás 13.15 h; e pola tarde non haberá actividades extraescolares.
Recordatorios moi importantes:
- Operación Quilo: últimos días para rebasar o Termómetro da Quiloboración, que está exposto no galería central do colexio.
- Enquisa Theresia: o 16 de decembro, mércores, último día para entregar a enquisa en Secretaría ou enviala por correo electrónico.
- Nesta semana non hai reforzos educativos.