Seguimos con máis reunións informativas. Este vez tócalles aos coordinadores das actividades extraescolares, que nos mostrarán as súas propostas para este 50º aniversario das Calasancias en A Coruña.
Están organizadas da seguinte maneira:
Luns 23:
- 17.45h: English World desde infantil ata bacharelato. Farase entrega dos certificados dos alumnos que se presentaron os exames de Cambrigde no curso 18-19.
- 19.00: Robótica (Innovamos). Presentarannos unha nova proposta que seguro será do agrado de todos.
Martes 24:
- 18.00h: Educachef. Seguiremos a degustar os pratos elaborados polos nosos alumnos.
- 19.00h: Aloha Mental Arithmetic/ Zinking Club: actividade que busca mellorar o rendemento académico do noso alumnado a través da gamificación.
Mércores 25:
- 18.00h: Atletismo. Nova actividade que de seguro terá moitos runners.
Xoves 26:
- 18.00h: LUDI. Teredes toda a información relacionada coas actividades xogos motrices, judo, ballet, tenis, xadrez e ximnasia rítmica.
E xa para pechar a semana, realizarase en Getafe unha reunión formativa e de organización das actividades que se levarán a cabo no Movemento Calasancio. Esperamos algunha que outra sorpresa.
Feliz semana!