Semana intensa e emocionante para o noso colexio. Comezamos coa visita de Javier Fernández, campeón mundial de patinaxe sobre xeo. O mércore conmemorámos os 50 anos das Calasancias en A Coruña. Será un día lúdico, cheo de actividades e algunha sorpresiña!.
Estas son as actividades que completan a semana:
Luns 25:
- Os alumnos de 2º de Bacharelato comezan os exames. Moita sorte! e veredes como o esforzo merece a pena.
- Profesorado do noso centro participará nunha formación de auditores organizado pola nosa institución .
- 16.00h: Visita do campeón do mundo, Javier Fernández, o noso colexio. Contaranos o evento que ten programado para a cidade de A Coruña. Aproveitaremos para pedirlle que nos conte anécdotas dos éxitos acadados.
Tamén estará connosco, Carlos Jean, nominado 6 veces aos Grammy Latinos e cun Premio Ondas ao mellor DJ.
Estade atentos ás redes, xa que esperamos algunha sorpresa máis.
- O Claustro e PAS terá un encontro para celebrar o día do Mestre.
Martes 26:
- Profesorado do noso centro participará nunha formación de auditores organizado pola nosa institución .
- 10.30h: O alumnado de 3º de primaria visitará a Casa das ciencias.
- 17.45h: Reunión informativa sobre a excursión que o alumnado de 4º de E.P. realizará á neve.
Mércores 27:
- Charla sobre o “Uso axeitado dos medicamentos” para o alumnado de Bacharelato.
- 11.00h: Celebración do 50º aniversario da presencia do colexio na cidade de A Coruña.
Xoves 28:
- Formación para o alumnado de 2º de Secundaria sobre o uso das redes sociais. Leva como título ” Sentidiño na rede” e será impartido por ADOS.
- A Fundación Theodora visitará o noso centro para contarlles, ao alumnado de Primaria, as necesidade que teñen outros nenos.
- Xunta de avaliación de 2º de Bacharelato.
- Festival Intercentros: Os profesores de Música Alfredo, Cristina e Gema serán os responsables da selección, nesta 1ª fase, dos alumnos que nos representarán no Festival.
- 17.30h: Actividade organizada pola ANPA para os alumnos de 4 anos e 5 anos A. Tedes máis información na plataforma Educamos.
- Venres 29:
- Reunión nacional (Getafe) dos coordinadores de Plurilingüísmo para marcar os obxectivos e ruta a seguir nos próximos anos.
- Eucaristía, co alumnado, para celebrar o día de Mestre.
- Charla sobre o “Uso axeitado dos medicamentos” para o alumnado de Bacharelato.
- Entrega de notas ao alumnado de 2º de Bacharelato.
Feliz Semana!