Finalizamos o mes de novembro e comezamos o Advento de Nadal preparándonos para un mes especial para todos os cristianos. É un mes moi intenso, cargado de ilusión, esperanza e solidariedade. Estas son as actividades programadas para esta primeira semana de decembro:
Martes 1:
- Operación quilo: Evento moi importante e de vital importancia para concienciar ao alumnado das necesidades que teñen algunhas familias e que, sen a nosa axuda terían moitas dificultades para comer diariamente.
Xoves 3:
- Máster Pastoral Calasancio: Profesorado do noso centro segue a formarse para dar a mellor calidade ao noso alumnado.
- Visita Forum Metropolitano: O alumnado de 2º de E.P. disfrutará dunha obra de teatro no Forum Metropolitano.
Venres 4:
- Presentación Postal de Nadal: O alumnado de primaria participa na elaboración dunha postal que será, a gañadora, a que vos faremos chegar con motivo do Nadal.
- Visita Forum Metropolitano: O alumnado de 1º de E.P. disfrutará dunha obra de teatro no Forum Metropolitano.
Feliz semana!