Como todos sabemos, este mes de decembro caracterizouse por unha serie de eventos, entre os que cabe destacar a solidariedade que toda a comunidade educativa de Calasancias amosou coas necesidades dos que temos máis cerca.
As nenas e nenos de Primaria elaboraron unha serie de produtos para o Mercadillo Solidario, co que as familias fostes moi xenerosas e solidarias, pois conseguimos recaudar a cantidade de 1137,31 euros, que foron entregados hoxe, 24 de decembro, ó Centro de Menores María Inmaculada, de Bañobre.
O pasado día 18, unha grande parte do alumnado de 3º e 4º ESO que participou voluntariamente na recollida de alimentos de novembro, entregou todos os alimentos recollidos durante este mes de decembro no colexio con motivo da Operación Q
uilo. Nesta mesma semana recibiamos o albarán no que se especifica todo o que aportamos: 608,910 kgs.
E tamén nestes días, estivemos a repartir alimentos e xoguetes a algunhas familias necesitadas do noso entorno.
Desde o Equipo Directivo, agradecemos todos estes xestos solidarios. Cremos que, como di o lema que temos para este curso, «o amor vénceo todo», as cousas feitas desde a misericordia e o amor son as que nos fan sentir mellor.
Gracias a todos e feliz Nadal!


