Intelixencias Múltiples
Howard Gardner, psicólogo, investigador e profesor da Universidade de Harvard, coñecido polas súas investigacións na análise das capacidades cognitivas e por formular a Teoría das Intelixencias Múltiples (IIMM). Esta teoría, baseada na ciencia do coñecemento, na psicoloxía e na neurociencia, revolucionou no so o concepto de intelixencia, senón tamén o enfoque da pedagoxía actual. O seu concepto de intelixencia supón que todos/as temos tódalas intelixencias, pero cada unha está presente en maior ou menor medida, segundo a dotación biolóxica, a interacción cos outros/as e a cultura do entorno, de modo que cada individuo ten unha combinación única.
¿En que consiste?
Este enfoque supón un cambio importante no concepto de escola e de educación. No noso colexio temos en conta esta teoría en tódolos cursos e trabállanse a través de diversas actividades, estímulos, experiencias, situacións.
As intelixencias son oito: lingüística, lóxico-matemática, interpersoal, intrapersoal, espacial, corporal-cinestésica, musical e naturalista.
En 2º de Primaria, por exemplo, lévase a cabo un proxecto de estimulación das IIMM chamado La Hora Divertida. É un proxecto semanal destinado a estimular as oito intelixencias a través de xogos cooperativos e diversas actividades lúdicas.
Síguenos no noso Instagram
e descubre as mellores fotos de Calasancias
Estradas Os Fortes, 4,
15011 A Coruña
Luns a venres: 08:00 – 20:00
Sábados: 08:00 a 14:00