Comezamos o mes de novembro con reunións organizativas das diferentes etapas e un encontro virtual co Equipo de Titularidade, máximo representante, a nivel pedagóxico, do Instituto Calasancio. Tamén procederemos á constitución da Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar. A semana queda como se especifica a continuación:
Luns 2:
- Reunión do profesorado coas familias de 1º de ESO.
- Sorteo público para a constitución da Xunta Electoral.
- Reunión das etapas (infantil, primaria, secundaria e bacharelato) para organizar diferentes actividades que levaremos a cabo ao longo de todo o mes.
Martes 3:
- Encontro virtual do Equipo Directivo co Equipo de Titularidade.
Xoves 5:
- Realización do Máster de Pastoral por varios menbros do profesorado.
Venres 6:
- Formación, para menbros do claustro, sobre diferentes APPS educativas, organizada pola editorial SM.
Feliz semana!