Intelixencias Múltiples

Intelixencias Múltiples

Howard Gardner, psicólogo, investigador e profesor da Universidade de Harvard, coñecido polas súas investigacións na análise das capacidades cognitivas e por formular a Teoría das Intelixencias Múltiples (IIMM). Esta teoría, baseada na ciencia do coñecemento, na psicoloxía e na neurociencia, revolucionou no so o concepto de intelixencia, senón tamén o enfoque da pedagoxía actual. O seu concepto de intelixencia supón que todos/as temos tódalas intelixencias, pero cada unha está presente en maior ou menor medida, segundo a dotación biolóxica, a interacción cos outros/as e a cultura do entorno, de modo que cada individuo ten unha combinación única.

Define intelixencia como «a capacidade para actuar, para resolver e xeras problemas, para crear produtos, para ser útil na sociedade».

¿En que consiste?

Este enfoque supón un cambio importante no concepto de escola e de educación. No noso colexio temos en conta esta teoría en tódolos cursos e trabállanse a través de diversas actividades, estímulos, experiencias, situacións.

As intelixencias son oito: lingüística, lóxico-matemática, interpersoal, intrapersoal, espacial, corporal-cinestésica, musical e naturalista.

En 2º de Primaria, por exemplo, lévase a cabo un proxecto de estimulación das IIMM chamado La Hora Divertida. É un proxecto semanal destinado a estimular as oito intelixencias a través de xogos cooperativos e diversas actividades lúdicas.

Síguenos no noso Instagram

e descubre as mellores fotos de Calasancias

Estradas Os Fortes, 4,
15011 A Coruña

Loading...

Luns a venres: 08:00 – 20:00
Sábados: 08:00 a 14:00

¡Llámanos al +34 981 25 64 30!