Segunda semana de xuño intensa en actividades lúdicas e probas académicas. Nela recordaremos algunhas datas que nos teñen que concienciar da importancia de colaborar en todo o que poidamos para ser solidarios coas persoas e para coidar da nosa casa, o planeta que habitamos:
- 12: Día Mundial contra o Traballo Infantil (http://www.un.org/es/events/childlabourday/background.shtml).
- 14: Día Mundial do donante de sangue (http://www.who.int/campaigns/world-blood-donor-day/2017/es/).
- 17: Día Mundial contra a Desertización e a Sequía (http://www.un.org/es/events/desertificationday/background.shtml).
- 18: Día Nacional da Caridade (http://www.caritas.es/noticias_tags_noticia.aspx?Tag=%20Corpus%20Christi).
En canto ás actividades previstas para esta semana, informámosvos das seguintes:
Luns 10:
- Continuamos cos exames de ESO e BACH.
Martes 11:
- O alumnado de 1ºA E.P. asistira á Fundación Laboral de la Construcción (Santiago) para que Valentina C.B reciba un premio por gañar no concurso “Seguridade e Saúde + cerca da Escola”. Todos disfrutarán de diferentes actividades ó longo de todo o día.
Mércores 12:
- Comezan as probas ABAU.
- Xuntas da 3ª avaliación de E.P./ESO.
Xoves 13:
- Excursión de 5º e 6º de primaria a Aquapark (Cerceda).
- Visita á Fundación Barrié do alumnado de 5º de E.I.
- Obradoiro organizado por Mapfre para o alumnado de ESO.
- Entrega de notas ESO e 1º BACH.
Venres 14:
- Neste día recibirán o boletín de notas da 3ª avaliación todo o alumnado de Primaria.
Domingo 16: Festa de fin de curso. Empezaremos coa Eucaristía de Acción de Gracias (11.00h, capela do colexio), continuaremos cos cantos e bailes preparados polas etapas de Infantil, Primaria e outras actividades extraescolares; de seguido compartiremos o momento da comida cos xogos e coas diferentes actividades preparadas para os máis pequenos pola ANPA. Esperámosvos a todos!!!.