Comezamos o ano con trimestre novo e algunhas propostas que nos axudarán a mellorar… Lembramos que hai 136 anos (no 1885), o 2 de xaneiro, as Relixiosas Calasancias fundaron o “Instituto Hijas de la Divina Pastora” coa idea de axudar ás máis necesitadas. Noraboa!, pola vosa misión e grazas por dar resposta ós desafíos e retos que nos plantexa o mundo que nos toca vivir.
Nesta primeira semana lectiva de xaneiro destacamos as seguintes actividades:
Luns 11: Formación para o profesorado de infantil sobre o novo proxecto de robótica. Tamén o profesorado de BAC reúnese para a formación do traballo capitular.
Mércores 13: Celebración para recordara á beata M. Victoria.
Xoves 14: O alumnado de 2º de BAC ten previsto a visita a Unitour (Palexco) para informarse das opcións que teñen para a súa formación universitaria.
Feliz semana!