Derradeira semana do 2º trimestre e inicio das vacacións de Semana Santa. Son moitas as actividades previstas para esta semana:
- Luns 14: Espectáculo de títeres Rodarirrodari para 2º EP en Afundación; xuntas de avaliación de Infantil e 1º ciclo de Primaria.
- Martes 15: Visitas a un supermercado de GADIS (2º Infantil), Acuario (3º EP) e Domus (4º EP); xuntas de avaliación de 2º e 3º ciclo de Primaria. Este día é a data límite para anotarse á excursión de 4º ESO e á Olimpíada Deportiva de Secundaria (a circular desta está en Educamos).
- Mércores 16: Cursos de Primeiros Auxilios para 2º BAC, 4º e 3º ESO, ademais dunha charla de Hostelaría para BAC e unha mesa redonda para 4º ESO e BAC sobre o futuro profesional, con exalumos/as. Pola tarde, xuntas de avaliación de Secundaria e Bacharelato.
- Xoves 17: Cursos de Primeiros Auxilios para 1º BAC, 2º e 1º ESO, ademais de charla para BAC sobre “Preparado/a para dar o salto? As necesidades económicas ó longo da vida”, impartida por Dª Carlota Sánchez, coordinadora da área de Educación Superior de Afundación. Pola tarde, reunión coas familias dos alumnos de inmersión lingüística (18.00 h). Este día faise entrega do BOLETÍN DE NOTAS do 2º trimestre.
- Venres 18: V Olimpíada Deportiva Beato Faustino Míguez para o alumnado de Secundaria e Bacharelato dos catro colexios calasancios de Galicia. Esta tarde non haberá actividades de pastoral extraescolar. Para a celebración deste evento deportivo, pedímosvos ás familias que non fagades uso do aparcadoiro de autobuses a partir das 9.45 h da mañá, pois quedará reservado para os autobuses que veñen dos colexios de Ourense, Vigo e Pontevedra.
Ademais de todo o sinalado anteriormente, o alumnado de Infantil e Primaria realizará actividades variadas para seguir festexando ó noso fundador, P. Faustino.
Importante: Nesta semana non haberá reforzos de Primaria nin de Secundaria.
Que teñamos unha feliz semana e disfrutemos todos de cada unha das actividades programadas!