Semana de tranquilidade con respecto a actividades complementarias fóra do colexio, pero non así para o alumnado de 2º BAC, pois o día 16 (martes) recibe o boletín de notas da 3ª avaliación e o día 19 (venres) ten a súa festa de graduación, a partir das 19.00 h. da tarde.
Pola súa banda, as nenas e nenos de 4º de Primaria que se estiveron preparando durante dous anos para recibir a Primeira Comuñón, tamén están de festa. O vindeiro fin de semana, sábado e domingo pola mañá, celebraremos no colexio este sacramento para os dous primeiros grupos.
E isto é todo -que non é pouco- o que nos depara esta terceira semana do mes de María, mes das flores. Lembrámosvos que o mércores 17 é festivo, Letras Galegas, que este ano está adicado ó escritor ourensán Carlos Casares (http://fundacioncarloscasares.org/).
Que disfrutemos deste día de descanso así como do traballo de cada día desta semana que empezamos!
Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.
Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.
Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.
Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.
Carlos Casares