Iniciamos a semana coa santidade do P. Faustino. Mentres en Roma se siguen celebrando actos relacionados coa canonización (eucaristías de Acción de Gracias), o alumnado e profesorado de ESO e BACH terá a convivencia de inicio de curso o día 18 (mércores) en Ourense, onde asistirá ó musical «Las fórmulas de la vida» (Diptico musical)e visitará lugares emblemáticos da vida do P. Faustino (Celanova, Xamirás, Acebedo do Río).
E remataremos a semana coa convivencia de inicio da actividade pastoral para o Movemento Calasancio (desde o venres ás 19.30 h ata o sábado ás 18.00 h) e para os grupos de Confirmación (sábado, de 10.30 a 18.00 h).
Podedes seguir os actos da canonización nos seguintes medios:
- Sábado 14: Ás 10.15 h, o programa “Periferias”, de 13Tv, estará dedicado ó P. Faustino.
- Sábado 14: Acto de acollida, a partir das 18.00 h en directo na web do Instituto: www.institutocalasancio.es; tamén en http://lasformulasdelavida.e-tile.tv/
- Domingo 15: Canonización a partir das 10.15 h en 13Tv ou www.13tv.es