Semana moi intensa para os profesores, alumnos e familias. Estas son as actividades propostas para estos días tan especiais:
Luns 16:
- Exames ESO-BAC
- Xunta avaliación Infantil e 1º ciclo EP.
- Proxecto Chocolate: O alumnado de 2º de primaria leva traballando neste proxecto todo o trimestre e agora organiza un troco cos compañeiros das etapas. Se levan un xoguete en bo estado, agasállanos cun anaco de tarta. Todo o recaudado irá para a organización Equus Zebra. Non esperedes ao final, outros anos agotáronse todos os doces.
Martes 17:
- Xunta avaliación 3º a 6º Primaria.
Mércores 18:
- Xunta de avaliación de secundaria a 1º de bacharelato.
- Festival intercentros: 2º fase clasificatoria para a final de Intercentros. Poderán asistir as familias que o desexen. Será no salón de actos as 15.45h.
- O alumnado de 1º de E.P. visitará a Fundación Mª José Jove. Tedes máis información na plataforma Educamos.
- UNITOUR: o alumnado de bacharelato informarase das posibilidades académicas na súa preparación para acceder universidade.
Xoves 19:
- Entrega de notas.
- Festival infantil de panxoliñas: Os máis pequenos de infantil acompañados polo coro e os alumnos de English World (infantil) farannos pasar unha tarde inolvidable. Tedes máis información na plataforma Educamos.
Venres 20:
- Ofrendas de Nadal: Desde as 08.40h todas as etapas pasarán pola capela para realizar as ofrendas. Infantil e primaria realizarán un Belén vivinte.
- Banco de alimentos: Os alumnos de 3º de ESO lavarán todos os alimentos recollidos durante o mes de decembro.
- Visita das Raiñas Magas: Este ano teremos nas Calasancias unha visita moi especial para o alumnado de infantil (pola mañá).
- Visita dos Reis Magos: Chegarán ao colexio ás 15.30h e visitarán as aulas de infantil para despois estar no desfile cos alumnos de primaria.
- Festival Panxoliñas English World: O alumnado de primaria que acode a English World, actividade de inglés, compartirán coas familias as panxoliñas aprendidas para esta época. Será no salón de actos ás 15.30h.
- Mercadillo Solidario: Actividade organizada polo profesorado de primaria para facer partícipes a todo o alumnado e familias do centro. Será na planta do medio…Contamos con todos (pola tarde).
- Convivencia Vocacional: O alumnado de secundaria ten a posibilidade de asistir a unha xuntanza onde, tamén, participarán o resto de colexios que hai repartidos por España.
IMPORTANTE!!: Esta organización podería modificarse debido a algún concurso no que participamos e que están pendentes de resolución. Estade atentos á plataforma EDUCAMOS.
Feliz semana para todos!