Derradeira semana do 1º trimestre deste curso 18-19. Últimos exames, xuntas de avaliación, boletín de notas… e máis actividades previstas para rematar felizmente o ano e o trimestre. Entre elas destacamos as seguintes:
- Luns 17:
- Feira do chocolate organizada por 2º de Primaria.
- Visita de 4º de E.P. a Afundación para disfrutar dunha obra de teatro.
- Martes 18:
- 2º Casting para o festival Intercentros. Será no salón de actos e podedes asistir as familias (15.40h).
- O alumnado de 2ºB ESO visitará o Fogar de Santa Lucía (máis información en Educamos).
- Mércores 19:
- Curso práctico sobre primeiros auxilios para o alumnado de 3º e 4º da ESO.
- O alumnado de BAC visitará a universidade para asistir á feira UNITOUR .
- Os alumnos de 1º de E.P. visitarán a residencia de P.Rubinos (máis información en Educamos).
- Xornada de portas abertas para as familias dos alumnos apuntados na actividade de Robótica (grupos luns e mércores E.P.) será ás 17.30h.
- Xoves 20:
- O alumnado de 2ºA ESO e 3º E.P. visitarán o Fogar de Santa Lucía e Sor Eusebia respectivamente (máis información en Educamos).
- Curso de primeiros auxilios para o alumnado de 1º e 2º de secundaria.
- Entrega do boletín de notas correspondente ao 1º trimestre.
- Venres 21:
- Celebracións de Nadal na capela por cursos e etapas.
- Entrega dos alimentos recollidos na Operación Quilo. A empresa de autobuses ORÓNS pon a disposición do colexio o BUS SOLIDARIO para facer o traslado de todo o recollido durante a campaña.
- Tarde de Reis para Infantil e Primaria á que estades invitadas todas as familias.
- Mercadillo Solidario organizado por Primaria. Todo o que se recaude irá destinado a Theodora. Con esta tarde de ledicia e solidariedade, rematamos o trimestre para as etapas de Infantil e Primaria.
Lembramos que nesta semana non haberá reforzos de 5º e 6º de Prmiaria.
Felices vacacións de Nadal para todos e moi boa entrada no ano 2019!
Regresaremos ás aulas o día 8 de xaneiro, martes.