Derradeira semana do 1º trimestre deste curso 17-18. Últimos exames, xuntas de avaliación, boletín de notas… e máis actividades previstas para rematar felizmente o ano e o trimestre. Entre elas destacamos as seguintes:
- Luns 18: Visita á Casa das Ciencias (Planetario) para o alumnado de 3º Primaria.
- Martes 19: Obradoiro de Alzhéimer no colexio para 1º BAC. Inicio da fase local da Olimpíada deportiva S. Faustino Míguez para o alumnado de ESO nalgunhas das disciplinas deportivas.
- Mércores 20: Continuación coa fase local da Olimpíada SFM; charla de prevención de accidentes para 1º BAC, “Si controlas, vuelves”, impartida por AESLEME (Asociación para o Estudio da Lesión Medular Espinal. Máis información en: Si-controlas-vuelves). Pola tarde, casting Intercentros no colexio (selección de voz). Este día farase entrega do boletín de notas correspondente ó 1º trimestre.
O xoves 21 merece unha mención aparte, xa que son máis as actividades previstas:
- Celebracións de Nadal na capela por cursos e etapas.
- Entrega a BALRIAL dos alimentos recollidos na Operación Quilo. O alumnado participante na Recollida do 1º fin de semana de decembro, máis os membros dos Consellos de Aula de ESO e BAC, serán os encargados de entregar eses alimentos. A empresa de autobuses ORÓNS pon a disposición do colexio o BUS SOLIDARIO para facer o traslado de todo o recollido durante a campaña.
- Charla de prevención de accidentes para 4º ESO, “Te puede pasar”, tamén por AESLEME (Te-puede-pasar).
- Mesa redonda con exalumnos/as do colexio sobre orientación académica para o alumnado de Bacharelato.
- Charla sobre o deporte, esforzo, constancia… impartida por Javier Gómez Noya (javiergomeznoya.com), o mellor triatleta de todos os tempos. Falaralle ó alumnado de ESO e BAC. Coa súa presenza cerramos este 1º trimestre en ESO e BAC.
- Tarde de Reis para Infantil e Primaria á que estades invitadas todas as familias.
- Mercadillo Solidario organizado por Primaria. Todo o que se recaude irá destinado a ASANOG (Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia, asanog.org). Con esta tarde de ledicia e solidariedade, rematamos tamén o trimestre para as etapas de Infantil e Primaria.
Lembramos que nesta semana non haberá reforzos de 5º e 6º de Prmiaria, nin de ESO. Si se manterán o día 21 as actividades extraescolares nos seus horarios habituais.
Felices vacacións de Nadal para todos e moi boa entrada no ano 2018!
Regresaremos ás aulas o día 8 de xaneiro, luns.