Nesta semana continuamos cos obradoiros de Prensa e Radio organizados por La Voz de Galicia para o alumnado de 6º de Primaria, así como as visitas ó Museo de Arte Contemporáneo para alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria por grupos. Nestes días recibirán as circulares das visitas por Educamos.
Anunciamos, tamén, que se enviará a circular do Bocata Solidario, que celebraremos o día 25 de xaneiro, luns, no colexio, xunto co Día da PAz e Non Violencia. Nesta acción solidaria tamén poden participar as familias que o desexen.
Feliz semana para todos!