E chegamos ó final do curso escolar 2016-2017. Queda tan só unha semana para dar inicio ó periodo estival e ó merecido descanso de todos os alumnos e alumnas, aínda que no verán algúns teñan que repasar algunha(s) materia(s).
Este domingo 18 temos a festa de fin de curso á que estades todos invitados. Podedes consultar aquí o programa: Folleto festas 2017.
Ó largo da semana non haberá ningunha actividade fóra do centro, xa que é tempo de ir facendo memoria do vivido uns, e de intentar aprobar todas ou case todas as materias outros. O alumnado de ESO-BAC, aínda que recibiu o calendario de exames globais, pode consultalo tamén neste enlace: .GLOBAIS 1º BAC, ESO. Moita sorte para todos!
Datas que debemos recordar (consultar circular 67/16-17):
- 23 xuño, venres: Último día de clases e entrega de notas finais a Infantil e Primaria. As clases rematan ás 13.00 h.
- 26 xuño, luns: Entrega de notas finais a Secundaria e 1º de Bacharelato (de 9.00 a 11.00 h).
- 26 e 27 xuño: Atención a familias (de 9.00 a 12.00 h).
- 20 a 30 de xuño: Matriculación de novos alumnos de Infantil e Primaria (horario de Secretaría: 8.45-13.00 h).
- 26 xuño a 10 xullo: Matriculación alumnado Secundaria e Bacharelato.
Iremos informando de posibles novidades e/ou reunións. Feliz semana para todos e bo final de curso para as alumnas e alumnos!!!