Semana de inmersión lingüística, torneo nacional de IESPORT e encontro nacional de Misión Compartida. Así queda distribuida a semana:
Luns 25: Alumnos de 4º de primaria participarán nunha inmersión lingüística en Foz durante tres días. Para moitos, a primeira vez que saen sen os seus pais. Disfrutarán un montón.
Martes 26: Alumnos de 3º de ESO participarán nunha inmersión lingüística en Irlanda ata o 2 de abril. Neste día, tamén faise entraga das notas de ESO e 1º BAC.
Xoves 28: Un grupo de alumnos de BAC, campións galegos do League of Legends, representarán ás Calasancias na final de IESPORTS, que se celebrará en Alicante do 28 ao 31 de marzo. Desesámoslles o mellor. Para máis información premer aquí
Venres 29: Obradoiro organizado pola ANPA para o alumnado de 5º de E.I. (4 anos). Recibiredes a ficha para anotarvos durante os próximos días.
Sábado 30: Profesorado do centro e persoal do PAS participarán, en Xetafe, no Encontro Nacional de Misión Compartida onde haberá representación dos catorce centros educativos que temos en España.
Feliz semana!