Semana grande para recordar a figura do mestre mediante a persoa de S. Xosé de Calasanz. Haberá actividades e celebracións para alumnado, persoal do centro, familias… Estamos invitados a participar naquelas que vaian dirixidas a cada grupo, como:
- Luns 27: Día grande da celebración con eucaristías para o alumnado desde Primaria pola mañá; charla para o profesorado, PAS e axentes de Pastoral pola tarde, con oración e chocolatada.
- Martes 28: Charla de «Primeiros auxilios» para as familias de Infantil (19.00 h).
- Mércores 29: Charla sobre «Despilfarro e consumo responsable» para o alumnado de 5º e 6º Primaria, por Balrial; charla para familias de Secundaria sobre «Educar no conflito», coa Fundación Amigó (19.00 h).
- Xoves 30: Entrega do boletín de notas da 1ª avaliación a 2º de bacharelato; e charla para as familias de Primaria, «Educar para o mañá», tamén coa Fundación Amigó (19.00 h).
- Domingo 3: Eucaristía na parroquia de Los Rosales preparada polos nenos/as de catequeses de 2º ano (11.30 h). Este mesmo día pola tarde, ás 17.30 h, presentarase no Ágora o corto que protagoniza un grupo de alumnas e alumnos de 1º ESO que foron gravando no curso pasado con Proxecto Máscaras. O nome do corto é Fuga2.
Non queremos esquencer que no primeiro fin de semana de decembro (días 1 e 2) levarase a cabo a Gran Recollida do Banco de Alimentos. Poden colaborar como voluntarios todas aquelas persoas que así o desexen desde 3º ESO (alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos, axentes de pastoral, familias…). Se estades dispostas/os a dar xenerosamente 2 h nese fin de semana, só tedes que cubrir a ficha de Voluntario Alumno, ou Voluntario adulto, e entregala en Portería, Secretaría, Dirección, ou enviala por correo-e a direccion@colexiocalasancias.com, antes do 29 de novembro.
Feliz semana de Calasanz para todos!