Rematamos o mes de maio e farémolo tendo en conta a María Divina Pastora. As actividades previstas para esta derradeira semana son:
- Luns 28: Celebración da Divina Pastora ás 10.30 h para todo o alumnado do colexio. Ofreceremos flores solidarias (un quilo dun alimento para a xente necesitada).
- Martes 29: O alumnado de 6º EP inicia a proba da avaliación final de etapa (pola mañá e pola tarde). As alumnas e alumnos de 1º BACH terán o obradoiro de comunicación de Móllate! Pola tarde, ás 17.30 h, xornada de portas abertas da actividade de Educachef para familias e alumnos de Infantil e Primaria.
- Mércores 30: Remata a avaliación final de 6º EP. E inician dous días de excursión a Cangas de Onís alumnos e alumnas de 1º ESO.
- Xoves 31: Visita á Biblioteca González Garcés para os pequenos/as de 1º Primaria-B, exhibición das actividades extraescolares de LUDI para Infantil e Primaria en horario de 15.40 a 17.15 (cfr. programa Fin de curso LUDI extraescolares ); e xornada de portas abertas de piscina Rialta a partir das 18.00 h.
- Venres 1: Iniciamos a xornada continua de mañá para EI-EP (horario de 9.00 a 14.00 h). Lembramos que desde este día xa non haberá clases pola tarde.
Feliz semana para todas/os!