Semana que pon fin ó mes de febreiro e dá inicio ó de marzo, achegando así a proximidade do fin do 2º trimestre. As actividades previstas son:
- Luns 29: Continuación cos exames de 2º BAC e reunións de equipos docentes e do Grupo de Reflexión.
- Martes 1: Educación vial para o alumnado de 1º Primaria; celebracións de Coresma para 5º EP-A e 1º ESO.
- Mércores 2: Educación vial para 2º EP; celebracións de Coresma para 5º EP-B, 2º ESO-A e 2º BAC; xunta de avaliación de 2º BAC e reunións sobre inmersión lingüística (familias de 6º EP e 1º ESO, ás 18.00 h) e sobre o Bacharelato Americano (familias de 2º e 3º ESO, 19.30 h).
- Xoves 3: Educación Vial para 3º EP, visita ó Castro de Elviña para alumnado de 1º ESO-A; celebracións de Coresma para 6º EP-B, 3º ESO e 4º ESO-A; formación pais-nais de 1ª Comuñón de 2º ano e última Xornada de Portas Abertas (15.45 h).
- Venres 4: Visita ó Castro de Elviña para 1º ESO-B; celebracións de Coresma para 6º EP-A, 2º ESO-B, 4º ESO-B e 1º BAC.
- Sábado 5: Xornada de Misión Compartida para laicos e relixiosos en Madrid. Asisten os directores.
Aproveitamos para comunicarvos que por Educamos recibides unha circular da ANPA.
Feliz semana para todos!
«O dereito á educación comporta o dereito a acceder a unha escola que favoreza o pleno desenvolvemento da personalidade de todos e cada un dos alumnos e alumnas, a súa inserción crítica no entorno social e a súa preparación para a vida profesional» (Proposta Educativa Calasancias, nº 2).