Rematamos o mes de maio, mes de María, e iniciamos a recta final co mes de xuño. O cambio principal que deberemos ter en conta é que a partires do mércores, o alumnado de Infantil e Primaria entra ás 9.00 e sae ás 14.00 h. ESO non terá clase as tardes dos luns, agás mañá, que aínda é 30 de maio.
As actividades previstas para esta semana son:
- Luns 30: Visita a APADÁN para o alumnado de 1º ESO-B.
- Martes 31: Excursión a Padrón e Cabío para o alumnado de 5º e 6º EP (de 9.55 a 19.30 h).
- Mércores 1: Visita ó Museo de Arte Contemporáneo (MAC) para o alumnado de 1º Infantil-B.
- Xoves 2: Visita ó MAC para o alumnado de 1º Infantil-A.
- Venres 3: Excursión a Samil para o alumnado de 3º ESO (de 9.00 a 20.00 h).
-
Domingo 5: FESTA SOLIDARIA DE FIN DE CURSO co pobo de Ecuador. Empezamos ás 10.30 h na capela do colexio cunha Eucaristía de Acción de Gracias polo vivido durante este curso 15-16. O programa presentarase por este mesmo medio ó longo desta semana. Lembramos que os que queirades comer este día no colexio, teredes que vir o venres (de 15.30 a 17.00 h) a colocar a vosa mesa ou traer unha de camping. Máis información en: Circular ANPA festa fin de curso
Feliz semana para todos!
«Nadie puede permanecer indiferente ante las desigualdades que aún existen en el mundo. Que cada uno, según sus posibilidades y responsabilidades, ofrezca su contribución para poner fin a tantas injusticias sociales», Papa Francisco (25 de xullo de 2013 en Brasil).