Entramos nunha semana chea de moita actividade. Así, temos previsto o seguinte:
- Luns 23: Excursión de fin de curso á Casa do Queixo para 2º de Infantil e visita á protectora de animais APADÁN para 1º ESO-A.
- Martes 24: Excursión de fin de curso á Casa do Queixo para 1º e 3º de Infantil, inicio das probas de avaliación para 3º de Primaria, entrega das notas finais a 2º de Bacharelato, charla de sensibilización sobre o uso seguro e responsable de Internet para 6º de Primaria e, finalmente, obradoiro sobre este tema para o profesorado de EP e ESO.
- Mércores 25: Excursión de fin de curso a Noia e Cabío para 1º ESO; 2º e último día das probas LOMCE para 3º EP.
- Xoves 26: Excursión de fin de curso a Marcelle para 1º e 2º de Primaria.
- Venres 27: Celebración da Divina Pastora para todo o colexio e presentación das actividades extraescolares de LUDI (15-30 a 17.30).
- Sábado 28: Última tanda de Primeiras Comuñóns ás 17.30 h.
Que María Divina Pastora guíe o noso camiñar de cada día. Feliz semana para todos!