Mes de febreiro, mes de Entroido e de inicio de Cuaresma. O máis destacable para estas dúas semanas é:
- Luns 5: Reunións de información sobre inmersión lingüística para familias de alumnado de 2º a 4º ESO (18.00 h) e última reunión informativa para as familias de alumnos/as de 3º ESO que van a Hastings (19.30 h).
- Martes 6: O alumnado de 1º BAC visita o campus universitario da Universidade de Santiago de Compostela; as alumnas e alumnos de 2º Primaria-A realizarán unha actividade na biblioteca pública de Los Rosales.
- Xoves 8: O alumnado de 5º e 6º EP rematan os obradoiros de acoso e cibercaso impartidos por Adafad.
- Venres 9: Día do Entroido Escolar. Pola mañá, a partir das 11.00 no Polideportivo Calasancias. Pola tarde será o turno para o alumnado de Infantil e Primaria, desde as 15.30 ata as 17.15 h. As familias que o desexedes podedes asistir.
- MINIVACACIÓNS DE ENTROIDO… ata o mércores, inclusive.
- Xoves 15: Reunión informativa sobre E-Dixgal para as familias de 5º EP (18.00 h) e 1º ESO (20.00 h).
Feliz semana para todos así como de Entroido!!!