Para esta semana temos programado os seguintes acontecementos:
Luns 7:
- Convivencia inicio de curso ESO/BAC: O alumnado de secundarioa levará a cabo a convivencia na cidade de Betanzos. Pola contra, bacharelato fará unha visita guiada pola capital de Galicia. Tendes máis información na plataforma Educamos.
- Reunións informativas sobre inmersión lingüística para 6º EP e 1º ESO ás 17.45; e inmersión lingüística para 3º ESO ás 19.00 h.
Xoves 10:
- A ANPA realizará a asemblea ordinaria para informar do rendimento de contas e as actividades programadas para axudar, aos socios, nas inmersións lingüísticas e excursións de 4º de secundaria e bacharelato.
Venres 11:
- Obradoiro organizado pola ANPA, para o alumnado de 3º de E.I., en horario de 17.30-18.30h. Recibiredes, ao longo da semana, a ficha de inscrición . Recordarvos que, para este curso, os responsables desta asociación, estarán a vosa disposición os martes e venres de 15.30 a 17.30h.
Domingo 13:
Celebración en “Los Negrales” o Foro Vocacional, onde participarán centros da nosa institución.
Feliz semana!