Semana intensa en canto a formación do claustro, xa que nos acompañará Mar Romera, especialista en Educación Emocional. Estará acompañando ao profesorado, visitará as aulas e realizará algunha sesión de educación emocional co noso alumnado. En futuras visitas, tamén disfrutaredes, as familias, da súa compañía e experiencias educativas. O resto da semana levaremos a cabo as seguintes actividades:
Luns 14:
- Visita de Mar Romera.
Martes 15:
- Visita de Mar Romera.
- 09.45h: Visita ao centro de formación e experimentación Agroforestal ( Guísamo). 3º E.P.
Xoves 17:
- Reunión coas familias de 4º de primaria para informalas da Semana branca (excursión á neve). Será ás 17.45h no salón de actos.
- Comezo da Catequese de Primeira Comuñón para as familias.
Venres 18:
- Inicio das actividades de Pastoral ( Movemento Calasancio -MC-, Confirmación e Catequese de Primeira Comuñón).
- Actividade ANPA para 2º de infantil ( 4 anos): Durante a semana recibiredes unha circular para poder inscribilos no obradoiro.
Domingo 20:
Xornada do DOMUND