Entramos na 2ª semana de marzo e 1ª de celebracións en honor ó noso fundador, o beato Faustino Míguez. As actividades previstas para esta semana son:
- Luns 7: Celebración do beato Faustino para o persoal docente e non docente do colexio.
- Martes 8: Eucaristías en acción de gracias polo beato Faustino na capela do colexio (ás 10, ESO e BAC; ás 12, Primaria; ás 11.00 celebración para Infantil); visionado do documental El gran día para ESO e BAC nunha sala de cines de Los Rosales (12.30 h) e reunión informativa ás familias do alumnado de 4º ESO sobre a excursión de fin de curso (19.30 h.).
- Mércores 9: Circuito de Educación Vial para o alumnado de 1º a 4º de Primaria.
- Xoves 10: Inician os exames os alumnos e alumnas de 1º BAC; pola tarde, charla sobre Educación Emocional para as familias de Infantil e 1º ciclo de Primaria (19.00 h).
- Venres 11: Xornada de Acoso cero para profesorado dos centros de Escolas Católicas de Galicia en Santiago; participación dun grupo de ESO-BAC no XIV Festival Intercentros no Coliseum de A Coruña (17.00 h). É unha gala solidaria patrocinada por varias institucións da cidade. No cartel indícase a venta anticipada de entradas e pódese levar un quilo solidario de alimentos.
- Sábado e domingo: Convivencia intercolexial de alumnas e alumnos do Movemento Calasancio de 6º de Primaria. Participan dos catro colexios de Galicia e xúntanse en Dorrón (Sanxenxo).
Ademais destas actividades, conmemoramos a Semana da Prensa e o Día Internacional da Muller, que coincide co día do noso fundador, 8 de marzo, un home que precisamente se preocupou de que as nenas de finais do século XIX poidesen asistir tamén á escola e formarse integralmente como calquera outro rapaz da época. E así fundou no 1885 o Instituto Calasancio Hijas de la Divina Pastora, baixo o lema Piedade e Letras, pois consideraba que a ensinanza estaba ó servizo da educación integral, de xeito que había que formar para todas as circunstancias da vida.
Gracias, P. Faustino, por esa inspiración do Espírito que damos en chamar “carisma calasancio”!