Comezamos o ano con trimestre novo e algunhas propostas que nos axudarán a mellorar… Lembramos que hai 134 anos (no 1885), o 2 de xaneiro, as Relixiosas Calasancias fundaron o “Instituto Hijas de la Divina Pastora” coa idea de axudar ás máis necesitadas. Noraboa!, pola vosa misión e grazas por dar resposta ós desafíos e retos que nos plantexa o mundo que nos toca vivir.
Nesta primeira semana lectiva de xaneiro destacamos as seguintes actividades:
- Mércores 10:
- Xornada de portas abertas Robótica: Os alumnos que están na actividade de Robótica, en horario de 14.00-15.00h, poderán mostrarlle, a súa familia, os avances nesta actividade.
- Venres 11:
- Os alumnos de 5º e 6º de E.P. asistirán a obra de teatro “Tarzán” (en inglés) que se levará a cabo en Afundación.
- Xornada de portas abertas Robótica: Os alumnos que están na actividade de Robótica, en horario de 14.00-15.00h, poderán ensinarlles, a súa familia, o aprendido no primeiro trimestre.CANCELADA (pásase para o venres 17 á mesma hora).
Feliz semana para todos!