Entramos na semana grande do mes de marzo para o noso colexio, xa que celebramos o día do noso fundador, S. Faustino Míguez, Tamén seguimos co tempo litúrxico de Cuaresma. Durante estos días celébrase a semana da prensa.
Isto é o que está previsto:
Luns 8:
- Celebración do día do noso fundador, onde realizaremos múltiples actividades en todos os cursos: Eucaristía online (10.00h no canal de Youtube) para todos os centros das Calasancias, contacontos, gymkhana, titoría, experiencia educativa en África, xesto común e un agasallo para o alumnado.
- Claustro virtual do profesorado e PAS para a celebración de S. Faustino.
Martes 9:
- De novo volve a nosa cadela preferida (Nuba) que está a ensinarnos as emoción que sentimos cando está connosco. Visitará ao alumnado de 5 anos.
- Presentación da etapa de bacharelato ás familias de 4º de secundaria.
Xoves 11:
- Sesión fotográfía para as etapas de secundaria e bacharelato e os cursos de 3ºB e 4ºA de educación primaria.
- Nuba, a cadela que nos está ensinando a identidicar as nosas emocións, visitará as aulas de 3 anos. Agárdana con moita ilusión.
- Presentación do proxecto IC (Innovación Calasancias) ás familias de 2º de ESO para o curso 2021/2022.
Venres 12:
- Formación dos Monitores Calasancios de tempo libre (On line).
Feliz semana!
«O dereito á educación comporta o dereito a acceder a unha escola que favoreza o pleno desenvolvemento da personalidade de todos e cada un dos alumnos e alumnas, a súa inserción crítica no entorno social e a súa preparación para a vida profesional» (Proposta Educativa Calasancias, nº 2).