Entramos na segunda semana de maio, na que conmemoraremos o Día de Europa (9 de maio) e a Semana das Letras Galegas adicada a Manuel María. As actividades previstas para esta semana son:
- Luns 9: Alumnos de 2º ESO vanse de excursión a Vecilla de Curueño; 1º EP visita o CGAI, 1º ESO-B o Castro de Elviña e os alumnos de 2º BACH continúan cos exames do 3º trimestre.
- Martes 10: Alumnado de 1º BACH visita as instalacións de La Voz de Galicia en Sabón. Regresan os de 2º ESO da súa excursión.
- Mércores 11: Inician a proba final de Primaria os alumnos e alumnas de 6º (competencia lingüística de lingua castelá e literatura, e competencia matemática); e rematan os exames do 3º trimestre os de 2º BACH.
- Xoves 12: Charla sobre terapia ocupacional para alumnado de Bacharelato. 6º EP fai as probas de competencia lingüística en lingua galega e literatura, e competencia en ciencia e tecnoloxía.
- Venres 13: Remata a proba final de Primaria coa competencia en lingua inglesa. Entrega das notas do 3º trimestre a 2º BACH e celebracións do perdón e Noso Pai para alumnos de confirmación e 1ª Comuñón.
- Sábado 14: Celebración da Confirmación ás 19.00 h da tarde na capela do colexio. Confírmanse 16 alumnos de 4º ESO.
- Domingo 15: Celebración da 1ª Comuñón ás 12.00 h para un grupo de 7 alumnos de 4º EP.
Lembramos que o día 16 de maio foi concedido como NON LECTIVO, polo que non regresaremos ás aulas ata o día 18, mércores.
Feliz semana para todos!