Comezamos o mes de febreiro coa mirada posta na festa do entroido (21 de febreiro). Pero toca esperar e ir semana a semana. Comezamos o mes cun curso de directivos coa presencia de profesorado do noso centro (Xetafe). Esto é o que temos previsto nesta primeira semana:
Martes 4:
- Visita do Equipo de titularidad (ET): Teremos connosco algún membro do área de plurilingüísmo para facer un seguimento da implantación e desenvolvemento do proxecto.
Xoves 6:
- Libre de etiquetas: Charla-coloquio para o alumnado de 1º de ESO sobre como desenvolverse e relacionarse libres de prexuizos, estereotipos de xénero, presións sociais e mediáticas vinculadas co xénero que dificultan unhas relacións interpersoais entre ambos sexos saudables e en igualdade.
- Catequese familias: Formación para as familias que están no segundo ano de preparación para a 1ª comuñón. Mantéñense os mesmos horarios.
- Obradoiro para o alumnado de 5º de E.I. (4 anos) organizado pola ANPA. Será ás 17.30h. Recibiredes unha circular nos próximos días.
Feliz semana para todos!