2017, ano moi significativo para a escola calasancia fundada polo beato Faustino Míguez, pois o pasado día 22 de decembro o papa Francisco aprobou o decreto que ratifica a canonización do noso fundador. Pensamos que neste mes de xaneiro se nos comunicará o día exacto de tal acontecemento.
Os Superiores de Escolapios e Calasancias aluden a esta feliz noticia nas cartas escritas nestes últimos días e que dirixen a todas as persoas que estamos relacionados coa gran familia calasancia. Podedes acceder ós seus contidos pinchando nos enlaces:
Empezamos a primeira semana escolar do ano e tamén do 2º trimestre. As actividades previstas para esta semana son:
- Luns 9: Teatro en inglés, Freaky, na sede de Afundación para o alumnado de 5º e 6º EP.
- Mércores 11: Obradoiro de habilidades sociais para alumnas e alumnos de 1º ESO (colexio), coordinado pola asociación ADAFAD.
- Xoves 12: Obradoiro de habilidades sociais para 3º ESO. A formación que estaba prevista para as familias de alumnos de 1ª Comuñón, 2º ano, cambia de data. Xa se vos informará nesta mesma semana.
- Venres 13: Final da selección de cantantes para o Festival Intercentros (colexio, 15.30 a 17.30 h).
Feliz semana para todos!