Chegamos ó final do mes e, con el, á entrega das notas finais correspondentes á avaliación ordinaria (xuño). Tendo en conta a circular 76/17-18 do 31 de maio, lembrámosvos o seguinte:
- Luns 25: Entrega do boletín de notas ó alumnado de ESO e 1º BAC, en horario de 10.30 a 12.00 h da mañá. Nese horario tamén teremos atención a familias.
- Martes 26: Atención a familias de ESO e 1º BAC desde as 9.30 ás 11.30 h da mañá. Neste día iníciase o periodo de matriculación para o alumnado novo destas dúas etapas ata o 10 de xullo.
- Listado de libros e material escolar: Publicaranse na páxina web a partir do 2 de xullo.
- Uniformidade: Como se indicou na circular 86/17-18 do 15 de xuño, a partir do curso 18-19 todo o alumnado desde 4º Infantil (3 anos) ata 4º Secundaria deberá levar obrigatoriamente o uniforme implantado no curso 15-16. A información dos horarios de apertura da tenda estará sempre actualizada na web https://www.theresia.es/instituto-calasancio/.
- Horario de secretaría e administración: Ata o 24 de xullo, será de 8.45 a 13.00 (soamente atención pola mañá). Desde o 26 de xullo e ata o 26 de agosto permanecerá pechado o colexio. Regresaremos o día 27 de agosto, luns, en horario de 9.00 a 13.00 h ata o 31 dese mes.
Feliz semana e felices vacacións!!!