No ano 2017 está previsto que vivamos un grande acontecemento na familia calasancia: a canonización do noso fundador, o beato Faustino Míguez. Por esta razón, M. Sacramento Calderón, Superiora Xeneral, envíanos unha pequena carta na que expresa a felicidade deste acontecemento e nos anima a aportar ideas para o que será o logo e lema da canonización.
Todos aqueles (alumnos desde os 14 anos, familias, persoal do centro, relixiosas…) que teñades interese en participar ou aportar algunha idea, podedes facelo ou ben poñéndovos en contacto con nós (direccion@colexiocalasancias.com) ou con M. Mª Luisa Domínguez (formge@institutocalasancio.es).