Estas son as actividades programadas para unha das semanas máis fermosas do curso escolar. Agradecervos a vosa solidariedade e participación na campaña Operación Quilo:
Luns 19:
- Exames en secundaria e 1º de bacharelato.
- Recreos dulces organizados pola ANPA.
- Celebración Advento-Nadal
- Festival panxoliñas infantil (3 anos). Levarase a cabo no salón de actos.
Martes 20:
- Celebración Advento-Nadal
- Visita ao teatro: O alumnado de 2º de E.P. visitará Afundación.
- Recollida de alimentos: O alumnado de 4º de ESO encargarase da recollida de todos os alimentos que trouxeron os alumnos/as de Calasancias.
- GatoCan: Obradoiro para o alumnado de 1º de ESO para que valoren a importancia do coidado animal.
- Conectados: Obradoiro, para o alumnado de 3º e 4º de ESO, que tratará das posibilidades e peligros das redes sociais.
- Festival panxoliñas infantil (4 anos). Levarase a cabo no salón de actos.
Mércores 21:
- Celebración Advento-Nadal
- Doazón de sangue: O alumnado de 1º de BAC participará nun obradoiro para sensibilizalos sobre a importancia da solidariedade cunha actividade tan sinxela como é a de doar sangue.
- Xunta de avaliación ESO-BAC
- Publicación dos boletíns de notas.
- Festival panxoliñas infantil (5 anos). Levarase a cabo no salón de actos.
Xoves 22:
- Celebración Advento-Nadal
- Visita residencias da 3ª idade: O alumnado de bacharelato realizará diferentes visitas programadas dentro de acción social.
- Mercadillo solidario e visita dos Reis Magos.
- Con esta tarde de ledicia e solidariedade, rematamos o trimestre para as etapas de infantil, primaria e secundaria.
Regresaremos ás aulas o luns, 09 de xaneiro.
Feliz Nadal para todos e moi boa entrada no ano 2023!