Entramos nunha semana de reunións de actividades extraescolares, nas que se informará máis detalladamente dalgunhas delas. Datas e horas a ter en conta:
- Martes 27: Reunións de pastoral extraescolar: 18.00 h, Movemento Calasancio; 19.00 h, Confirmación, 1ª Comuñón 1º ano, Coro e Guitarra; 20.00 h, 1ª Comuñón 2º ano.
- Mércores 28: Ás 19.00 h, reunión de English World; ás 20.00, de Ábaco.
- Xoves 29: Eucaristías de Inicio de Curso co alumnado por etapas na capela do colexio.
- Venres 30: Convivencia de inicio de curso para as nenas e nenos de Infantil (colexio).
Feliz semana para todos! Lembramos o lema deste curso: Benvida/o a casa!