Comezamos o mes de outubro coa preparación conxunta da convivencia de inicio de curso que será en Santiago de Compostela coa realización dunha pequena parte do camiño. Pero antes deste evento, presentámosvos as actividades para esta curta semana:
Luns 3:
- Formación para o profesorado sobre avaliación auténtica que será impartida por Escuela21.
- Recreos ANPA:
A ANPA organiza a venta de doces para colaborar coas inmersións lingüísticas previstas ao Reino Unido, Irlanda e Canadá.
Martes 4:
- Inmersión Lingüística:
Presentación as familias de 1º e 3º de secundaria das viaxes a Reino Unido e Irlanda. Serán no salón de actos ás 17.00h (1º ESO) e ás 18.00 h (3º ESO).
Mércores 5:
- Celebración da Eucaristía de inicio de curso co alumnado.
Venres 7:
- Non haberá clase por ser festivo local.
Sábado 8:
- Formación dos monitores que colaboran coa institución en diferentes actividades. Levarase a cabo en Getafe.
Domingo 9:
- Continúa a formación dos monitores que colaboran coa institución en diferentes actividades.
Feliz inicio de mes!