Iniciamos o terceiro mes deste curso. Novembro está cargado de actividades complementarias, que iremos comunicando semana a semana, exames para 2º BACH, magosto, celebracións de S. Xosé de Calasanz e do mestre, etc. Lembramos que todos poderedes aportar o voso gran de solidariedade coas misións Calasancias mercando na recepción do colexio a lotería de Nadal (avisaremos cando esté dispoñible). É por unha boa causa.
Estas son as actividades para esta semana:
Luns 7:
- Xornadas vocacionais para o alumnado de 4º de ESO e BAC
- Recreos dulces organizados pola ANPA.
- Profesorado do noso centro participará na formación do Máster de Pastoral.
Martes 8:
- Máster de Pastoral para o profesorado do noso centro.
Mércores 9:
- Celebración do Magosto: O alumnado de infantil e primaria disfrutará dunha festa típica de Galicia.
- Máster de Pastoral.
Xoves 10:
- Comezo dos exames en 2º de BAC.
- Máster de Pastoral.
- Concurso de ciberseguridade: Asistirán á final unha representación do alumnado de 6º de primaria e 1º de secundaria.
Venres 11:
- Máster de Pastoral.
- Exames de BAC
- Visita ao CEFEA polo alumnado de 4º de primaria onde aprenderan a valorar os entornos naturais da nosa terra.
Feliz semana!