Empezamos a 2ª semana do mes de maio. As actividades previstas son:

  • Luns 7: Excursión de fin de curso para o alumnado de Infantil dos grupos 1º B, 2º B e 3º A. Pasarán o día na Granxa O Ventoso. Pola tarde, o profesorado e axentes de pastoral terán a 5ª charla San Faustino Míguez, impartida por M. Mª José de la Plata, que falará sobre “Faustino Míguez alumbra desde el Espíritu el carisma calasancio”
  • Mércores 9: Xornada de portas abertas de Robótica para alumnado e familias de Primaria (17:30h) e Secundaria (15:30h) interesados en programación e robótica.
  • Xoves 10: Inician os exames do derradeiro trimestre as alumnas e alumnos de 2º BACH.
  • Venres: Rematan as prácticas de inglés o alumnado de Erasmus. Os pequenos e pequenas de 4º EI-A visitan o Museo de Arte Contemporáneo; as nenas e nenos de 5º EP participan no obradoiro “Desafío” do Muncyt. Neste día tamén temos xornada de portas abertas de Robótica para o alumnado e familias de Infantil (14:00h).
  • Fin de semana: Convivencia para as rapazas e rapaces de Confirmación (Dorrón, Pontevedra).

Feliz semana para todos!