Xa totalmente metidos neste mes que se caracteriza polas accións de solidariedade que poidamos realizar (alimentos, xoguetes…), informamos das actividades previstas para os días lectivos desta semana:

  • Mércores 7: Visita ó Museo de Arte Contemporáneo para o alumnado de 2º EP-A; e visita a un telepizza para o alumnado de 4º EP-B.
  • Venres 9: Visita ó MAC para o alumnado de 2º EP-B.

cartelbr_001Ademais da campaña da Operación Quilo, tamén vos invitamos a participar na campaña promovida polo concello de A Coruña, «Un agasallo, un sorriso». Esta é a información que nos mandan: xoguetes-e-sorrisos. A recollida de xoguetes no noso colexio será os días 9 e 16 de decembro (venres).

Lembramos que os día 5, 7 e 9 as clases desenvólvense no seu horario habitual, así como que en circular remitida o 9 de novembro (17/16-17) xa se informou de que se denegaron os días solicitados como non lectivos: 5 de decembro e 28 de abril.

Feliz semana para todos!