E xa chegou xuño, mes de ir dando contas de todo o vivido e aprendido ó largo deste curso escolar.
O previsto para esta semana é:
- Luns 4: O profesorado segue profundizando na persoa de san Faustino así como nas técnicas e métodos e avaliación relacionados coa aprendizaxe cooperativa.
- Martes 5: Mentres uns fan a súa excursión de fin de curso á Illa de Arousa, 3º e 4º EP, outros visitan museos onde realizar actividades moi interesantes, como 6º EP no Museo de Arte Contemporáneo (MAC), e 2º e 3º de Infantil no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).
- Mércores 6: Os máis pequenos do cole, infantil de 3 anos, visitan o MUNCYT.
- Xoves 7: O alumnado de ESO inicia os exames do 3º trimestre e así ata o día 13.
- Venres 8: O alumnado de 1º BAC tamén se suma ós exames correspondentes ó 3º trimestre. E as pequenas e pequenos de 4 e 5 anos disfrutarán duns obradoiros no colexio relacionados coa concienciación do coidado do medio natural, recollidos na actividade “Vexo Vexo”. Pola tarde, ás 17.00 h no MUNCYT, entrega de premios de «Boas prácticas cidadás», dentro das Xornadas de Fomento da Acción Voluntaria e a Inclusión, organizadas pola Asociación Proxecto Máscaras, coa que un grupo do noso colexio colaborou o curso pasado en «Un día de cine» e este ano estao a facer con «Sitcom». Tedes máis información en Son-risas. Boas prácticas cidadás.
- Sábado 9: Catro profesores do colexio asisten en Santiago a un curso sobre «TDAH: Medidas prácticas para a aula». E continuamos cos ensaios de «Sitcom» no colexio (de 11.00 a 14.00 h).
Feliz semana!