Semana na que continuamos cos exames correspondentes ó 3º trimestre e coa sensibilización do coidado do medio ambiente.
As actividades previstas son:
- Luns 11: O alumnado de 2º e 3º de Infantil visita a Lagoa de Eirís. Pola tarde, o persoal do centro participa na derradeira charla San Faustino Míguez. Profundizarán un pouco máis na faceta científica e investigadora do noso fundador. E rematamos o día con dúas reunións informativas sobre itinerarios e materias optativas para as familias dos alumnos que pasarán a 3º e 4º ESO o vindeiro curso (19.00 h, 2º ESO; 20.15 h, 3º ESO).
- Martes 12: Inicio das probas ABAU para as alumnas e alumnos de 2º BACH.
- Xoves 14: Actividades ambientais para o alumnado de ESO e 1º BAC, relacionadas co documental Antes que sea tarde e co Proxecto Móllate! Pola súa banda, as nenas e nenos de 3º e 4º EP realizarán a excursión á Illa de Arousa que tivo que aprazarse a semana pasada.
- Venres 15: Continuamos coas actividades ambientais e tamén haberá un encontro lector para o alumnado de 1º BAC co escritor coruñés Iago de la Campa (@iagocampa). Ás 13.10 sairán as alumnas e alumnos de ESO e 1º BACH. Entrega de notas do 3º trimestre a Primaria, Secundaria e 1º BACH.
- Sábado 16: Novo ensaio de SITCOM para un grupo de alumnos/as de 1º ESO e persoal do colexio que está a gravar coa APM, Grumico, Aspronaga…
Domingo 17: Festa de fin de curso desde as 10.30 h da mañá. Empezaremos cunha eucaristía de acción de gracias, seguirán as actuacións do alumnado de infantil e primaria. Ó rematar as actuacións, a ANPA celebrará un sorteo para os asociados. A partir do mediodía abrirase o bar solidario da ANPA e, pola tarde, as típicas actividades para os máis pequenos, ademais da actuación de Malandros Escola de Samba.
Feliz semana para todas/os!