Debido a problemas técnicos coa rede, esta mañá foi imposible poder imprimir o boletín de notas do 3º trimestre para o alumnado de Secundaria e 1º de Bacharelato. Entregarémolo o vindeiro luns, a partir das 11.00 h. De todas formas, informouse a cada alumna/o das súas notas.
Pedímosvos disculpas por este incidente de última hora.
O calendario dos exames globais xa está publicado na páxina e o alumnado tamén foi informado do mesmo.
Aproveitamos para lembrar que este domingo temos a festa de fin de curso a partir das 10.30 h.
Feliz fin de semana para todas/os!